Desde Bico da Ría, EDLG do IES «Félix Muriel» de Rianxo.
Arquivo da categoría: Sen clasificar
Calendario 2017 (Universidade de Vigo)
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publica un divertido calendario con tiras do debuxante Luis Davila en defensa do uso da lingua galega.
Preme na imaxe para acceder ao calendario completo.
Calendario en PDF desde GCIENCIA
«Longa noite de pedra» Diario de lectura
Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro
En realidade, a min non me gusta moito ler poesía, se podo elixir sempre me decanto pola narrativa, ou incluso polo teatro. Ademais, non teño práctica á hora de ler un poemario porque non lin moitos. A pesar diso, comezo o libro con esperanzas de que me sexa fácil de ler e me entreteña.
A impresión que teño despois de ler o primeiro poema é de tristeza e compaixón. Imaxino un pobo triste, escuro, sen vida…. O segundo xunto co terceiro, faime ver o gran cambio que lles tocou vivir a esas xeracións. Como todo pasou de ser ledo, agarimoso, alegre… a ser simplemente pedra, represión, medo… En xeral podo sentir o cambio que produciu a guerra na sociedade.
Ata sempre, benquerido.
A lúa no perixeo
veu
con fame de estrelastrala noite
inflamada de soños
cheasedenta de poesía
levouse o poetaA lúa no perixeo
veu
con fame negra.
Fran Pérez, NARF deixounos orfos de beleza.
Cun extraordinario e innato talento musical unido á súa sensibilidade artística e creadora, regalounos xoias marabillosas como estas dúas versións de poemas de García Lorca e de Rosalía.
Botarémolo sempre en falta.